O Viveiro caeu na telaraña que formou O Val no Cembedo

En Liga Galega, Xuvenil, Xuvenil superiores

ANTONIO SERRANO – Viveiro CF

“A ver si nos olvidamos del ascenso y nos empezamos a soltar de una vez”

VIVEIRO 1 – O VAL 2

O mal de alturas volveu apoderarse dun Viveiro que cada vez que pode recortar puntos cos equipos de cabeza, pincha. Unha presión que impide aos de Antonio Serrano ofrecer a súa mellor versión, como sucedeu o pasado sábado no Cembedo ao caer derrotados ante un rival da zona baixa da clasificación.
De inicio, o técnico mariñao puxo toda a artillería ofensiva para doblegar a un Val que, como se supoñía, poboou moito a defensa desde os primeiros minutos esperando a súa oportunidade á contra.
O 3-1-4-1-1 co que saltou ao terreo de xogo a versión máis ofensiva do Viveiro non funcionou, xa que acumulaba moitos xogadores por diante do balón e tiña dificultades para iniciar o xogo con fluidez. Mentres que o plan do Val viuse reforzado co cero a un antes da media hora de xogo cun golazo tras unha acción de fútbol directo.
Antonio Serrano reaccionou de inmediato e volveu á defensa de catro xogadores situando a Jhoseba no lateral. A partir de aí, o Viveiro foi máis recoñecible e tivo máis profundidade, aínda que sen chegar a ter ocasións claras ata chegar ao descanso.
A charla nos vestiarios surtiu efecto e o Viveiro ofreceu a súa mellor versión tralo descanso. Aos dous minutos David Ben empatou o encontro tras recibir un pase de Sergi, pero o intento de remontada diluíuse co un a dous tan só cinco minutos despois tras unha innecesaria falta lateral.
Con máis de media hora por diante o Val, con dúas liñas de cinco xogadores, renunciou ao ataque, pero tamén fixo que o Viveiro se desesperase para poder atacar unha defensa moi poboada ante a que os celestes non atoparon solucións.
Ao final, segunda derrota consecutiva para un Viveiro que debe recuperar a súa mellor versión canto antes.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu