O Viveiro caeu ante o líder pese a adiantarse 0-2

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Norte

LUCHI – Viveiro CF

“Resultado injusto, El partido se escapó por pequeños detalles”

SAN TIRSO 3 – VIVEIRO CF 2

Un bo Viveiro quedouse sen premio na súa visita a San Tirso, onde os celestes tiveron contra as cordas ao líder invicto.
Ao longo da semana Luchi incidiu no esforzo colectivo para pechar as liñas de pase en repliegue e saír rápido á contra. O plan e o adestrado saíu a pedir de boca, xa que en apenas seis minutos o marcador era de cero a dous tras cadansúa accións de roubo e contragolpe culminadas por Trasi e Manu Río.
A partir de aí continuou o guión previsto con moita posesión local, pero sen chegar a inquietar a Egoitz. No ecuador da primeira parte o San Tirso recortou distancias nunha acción que sería clave no encontro, xa que os tres goles do líder chegaron en rexeites tras centro.
Na segunda parte Noel tivo unha ocasión moi clara para facer o un a tres, pero acto seguido, outro rexeite, supuxo o dous a dous, e a dez minutos do final chegou o tres a un. O Viveiro rematou o partido en campo rival buscando un empate que mereceu.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu