O Viveiro adicoulle a vitoria ao pichichi Noel

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Norte

LUCHI – Viveiro CF

“Partido de mucho mérito. Todo nuestro apoyo a Noel, para nosotros es el pichichi de esta categoría”

CONXO 0 – VIVEIRO CF 3

Noel, o pichichi da Liga Galega cadete, estará lonxe dos terreos de xogo por unha longa tempada tras confirmarse os peores presaxios coa súa lesión de xeonllo.
Conscientes diso, os seus compañeiros saltaron ao terreo de xogo coa clara intención de dedicarlle os tres puntos, pero este contratempo fixo tamén que o Viveiro empezase o encontro frío.
Ademais da ausencia de Noel, Luchi tivo que facer fronte a máis baixas, pero o Viveiro quixo ser o protagonista do encontro e logrouno desde os primeiros minutos da man de Trasi e Juan.
A primeira parte terminou co cero a cero inicial, pero os mariñaos dispuxeron de moitas ocasións, entre elas un claro penalti do porteiro local non sinalado sobre Juan, que ademais recibiu a tarxeta amarela.
Si se sinalou outro sobre Juan ao comezo da segunda parte, que transformou Xoel para inaugurar o marcador.
Co cero a un o Conxo baixou os brazos por momentos e o Viveiro aproveitouno para poñer terra polo medio con dous goles de Trasi, tras candansúa acción colectiva que finalizou o improvisado dianteiro ante as ausencias de Noel e Manu Río neste encontro, no que os xogadores infantís puxeron a nota máis destacada nos últimos quince minutos.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu