O Villalbés non escatimou en esforzos e sumou tres novos puntos

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Norte

CHOLAS – RC Villalbés

“Esfuerzo y trabajo muy grandes de todos los jugadores que se vio recompensado con una justa victoria”

RC VILLALBÉS 2 – DUMBRÍA 0

O Rácing Villalbés superou ao Dumbría na clasificación e xa ten un equipo máis por debaixo na táboa. Os de Cholas aproveitaron a súa boa dinámica no 2018 e co esforzo colectivo como sinal de identidade quedáronse cos tres puntos con total xustiza.
Os primeiros minutos foron un pouco de tenteo, pero a partir do cuarto de hora o Villalbés meteu ao Dumbría no seu campo. O Rácing gañou as segundas xogadas e con máis intensidade conseguiu xogar en campo rival.
O gol parecía cuestión de tempo, xa que a sensación de perigo, sobre todo por banda dereita, era unha constante con Gabi gañando a liña de fondo ou finalizando el mesmo as accións.
Ante a ausencia de Abel, Iago foi o xogador referencia e Álex o enganche, facendo un gran encontro con gol incluído.
O mediocampo con David como referencia e a zaga con López intratable, fixo que o Rácing crecese cada vez máis ata que chegou a recompensa do gol.
Gabi fixo o un a cero ao rematar unha xogada que naceu en Iago, e coa que o Villalbés foise ao descanso con vantaxe. Xa na segunda o Rácing dominou practicamente todos os rexistros do xogo e Álex asinou un golazo cun lanzamento de falta lateral que se envenenou e terminou coándose pola escuadra.
A partir de aí, con máis corazón que cabeza, o Dumbría intentou reaccionar, pero atopouse cunha versión moi fiable do Rácing Villalbés, que ademais dos tres puntos volveu gañar en confianza como equipo de cara aos próximos encontros.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu