O Villalbés naufragou na segunda metade tras ir gañando ao descanso

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Norte

CHOLAS – RC Villalbés

“Partido lleno de despropositos en las dos áreas. A pensar en él próximo entrenamiento”

VICTORIA B 7 – RC VILLALBÉS 4

O Rácing Villalbés saíu mal parado da ruleta rusa na que se converteu o encontro que lles mediu co Victoria B. Un partido que empezou moi mal, púxose de cara pouco despois e na segunda parte foi unha sangría para os chairegos.
Os herculinos inauguraron o marcador aos vinte segundos tras un erro defensivo. Pero o Rácing levantouse deste primeiro contratempo ata darlle a volta ao marcador con autoridade, levándoo ata o un a tres logo dos goles de López e Abel, este último por partida dobre.
Ao bordo do descanso, na última xogada, o Victoria B recortou distancias, e nos vestiarios Cholas tivo que substituír a Abel, lesionado por un golpe no pé.
O Rácing desapareceu do campo ao comezo da segunda parte, encaixando catro goles nos primeiros quince minutos cos que o encontro quedou totalmente visto para sentenza.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu