O Villalbés cuarto e o Lugo sétimo no Galego benxamín

En Benxamíns, Segunda división Benxamín

Os dous equipos lucenses quedaron apeados na primeira fase, accedendo á derradeira o intratable Deportivo

CD Lugo e Rácing Villalbés presentáronse en Silleda para disputar a primeira fase do Campionato Galego benxamín, conscientes de que compartir sede co todopoderoso Deportivo, complicaba moito o soño de poder clasificarse para a fase final ao acceder a ela tan só o campión.Ao final o equipo que saíu con mellores sensacións foi o subcampeón provincial, o Rácing Villalbés, que terminou no cuarto posto mentres que o Lugo tívose que conformar co sétimo chanzo.
O Rácing Villalbés debutó con vitoria tras impoñerse por cero a un ao Outes. No seu segundo encontro os de Roberto Freire empataron co Estrada a un e perderon ante o Calasanz por un gol a tres. Esta derrota fixo que pese a clasificarse para as semifinais, os chairegos mediríanse co Deportivo por un posto na final. Os herculinos cumpriron co guión previsto e coa hexemonía ao longo desta primeira fase e impuxéronse por dez goles a cero. No seu último encontro, no da final de consolación polo terceiro e cuarto posto, o Villalbés perdeu un a catro co Victoria.
O outro representante lucense nesta primeira fase do Campionato Galego benxamín era o Lugo, actual campión Provincial, que non tivo o seu día no campo de Outes en Silleda.
Os capitalinos caeron no grupo da morte con Deportivo, Victoria e Riveira. No debut cederon por tres goles a un co Victoria e as opcións de clasificarse con iso para as semifinais reducíronse ao mínimo, xa que o Victoria impuxérase ao Riveira, e co Deportivo como terceiro rival o soño de clasificarse se esfumaba practicamente no primeiro partido.
O empate a dous co Riveira deixou ao Lugo xa sen opcións antes de medirse co Deportivo, ante o que caeu por sete goles a cero. O Lugo puxo o punto e final á súa participación impoñéndose con autoridade, 8-0, ao Outes na loita polo último e penúltimo posto.

 

“Un día máis compartido xunto a este espectacular grupo de nenos” HUGO VÁZQUEZ CD Lugo

“Competimos moi ben ante equipos de gran nivel. Seguimos medrando como club. Temos que estar moi orgullosos” ROBERTO FREIRE RC Villalbés A

 

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu