O Villalbés B ten a última palabra no Roca

En Fase de Ascenso, Xuvenil, Xuvenil Autonómica

 

CALASANZ B 1 – VILLALBÉS B 0

O Rácing Villalbés B volve chamar con forza ás portas da Liga Galega xuvenil. Os de Iván Lamas, pese a perder no partido de ida da eliminatoria de campións que lle mide co Calasanz B, teñen un as na manga e ese é o partido de volta que se disputará no Roca.O Rácing B foi de menos a máis na Coruña, onde o Calasanz B tomou as rendas do partido nos primeiros minutos a partir da posesión do balón aínda que sen xerar excesivo perigo ata que chegou o un a cero tras un rexeite no ecuador da primeira parte. Á media hora Ángel sufriu un golpe fortuito na cabeza e tívose que retirar e recibir cinco grapas para cortar a hemorraxia.
Todo iso sacou un pouco do partido aos chairegos, pero mantivéronse con vida ata chegar ao descanso. Nos vestiarios recuperaron forzas e claridade de ideas cun par de retoques tácticos.
O Villalbés B foi a máis co paso dos minutos, meteu ao Calasanz na súa área con varios saques de esquina sen rematar e sobre todo cunha ocasión moi clara na que un disparo de David estrelou o balón no poste.
Ao final o un a cero semella pouco premio para un Villalbés B que no partido de volta terá noventa minutos por diante para gañar o encontro e volver á Liga Galega xuvenil.

 

“Moi contento polo esforzo. Se no Roca estamos igual de intensos teremos as nosas opcións”
IVÁN LAMAS RC Villalbés

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu