O Villalbés B perdoou e o Cerceda

En Liga Galega, Principal, Xuvenil, Xuvenil superiores

IVÁN LAMAS – RC Villalbés

“Non tivemos a fortuna de matar o partido e ao final escapáronsenos dous puntos no último suspiro”

RC VILLALBÉS B 1  – CERCEDA 1

Ao Rácing Villalbés B escapáronselle dous valiosos puntos do Roca no último minuto tras unha polémica acción que desencadeou no empate a un co Cerceda.
Nesi sacou o balón do terreo de xogo para que fose atendido un xogador. O Cerceda devolveu a posesión, pero enviando o balón a saque de banda en campo do Rácing Villalbés, que puxo o partido en xogo pero coa presión do seu rival en campo propio. O Cerceda roubou e marcou o gol do empate nunha acción legal, pero polémica e pouco deportiva.
Ata entón o encontro estivo marcado polo estado do terreo de xogo, moi brando e encharcado, polo que o fútbol directo foi o único recurso posible.
Trala igualdade inicial, co paso dos minutos os de Iván Lamas foron levando o encontro ao seu terreo, gañando as segundas xogadas e tendo máis protagonismo en ataque malia que ao descanso chegouse co cero a cero inicial.
Xa na segunda metade o Villalbés B fíxose claro dominador do encontro, gañando as disputas e creando ocasións ata que Samu sacou a relucir o seu golpeo de balón para inaugurar o marcador cun maxistral lanzamento de falta directa que se coou por toda a escuadra tras superar a barreira e ao porteiro visitante.
Con media hora por diante o Villalbés non se conformou co un a cero e buscou o segundo con insistencia, convertendo o encontro nun carrusel de ocasións sen finalizar ata que, no último minuto, chegou a xogada polémica que desencadeou no inxusto empate a un final.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu