O Villalbés B impúxose no duelo polo liderado no Norte

En Provincial, Xuvenil

Polvorín, no Centro, e Milagrosa, no Sur, deron tamén dous golpes de autoridade tras impoñerse a Cospeito e Quiroga, que estaban invictos 

Un gol de Héctor no minuto 58 decidiu o duelo polo liderado do grupo Norte entre Rácing Villalbés B e San Ciprián. Tras unha primeira parte disputada, con poucas ocasións, na segunda metade, os visitantes sairon ao campo máis enchufados e dispuxeron dunha clara ocasión para abrir o marcador cun disparo de Ivanilson que se foi fóra lamendo o pau. No entanto, foron os locais os que, pouco despois, anotaron o tanto do partido nunha falta colgada na área que rematou Héctor.
Os dous equipos -primeiro e segundo- parten con vantaxe no sprint final pola clasificación para a segunda fase. O Foz chega ás xornadas decisivas na terceira praza tras vencer ao Burela nun partido no que fixo valer a súa maior efectividade cara á portería. A fin de semana cítase co Ribadeo, que se impuxo en Lourenzá, nun duelo que pode resultar decisivo nas opcións de uns e outros para o Provincial.
No outro partido do grupo, o Spórting Pontenova puido celebrar a primeira vitoria do campionato tras remontar o 0-1 do Viveiro CF B na Mina. Iván, primeiro, e logo Esteban, de penalti, déronlle a volta ao marcador.

Grupo Centro
Castro e Polvorín marcan o ritmo a seguir no grupo Centro tras sumaren unha vitoria máis. Os amarelos tras frear a boa xeira do Cospeito que chegaba invicto e sen encaixar goles ao Polvorín. Unha vitoria a vindeira fin de semana ante o Guitiriz aseguraríalles a clasificación matemática para a segunda fase. San Roque e Outeiro de Rei asinaron os outros dous triunfos da xornada.
,
Grupo Sur
Milagrosa, Sarriana e Becerreá lideran a clasificación da liga zonal tras os triunfos desta semana. Os da Frigsa deron un golpe de autoridade tras vencer a un Quiroga que chegaba ao encontro sen perder ningún partido. Monterroso e Taboada asinaron o único empate da xornada na categoría xuvenil.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu