O Villalbés B gaña e segue de cheo na loita

En Liga Galega, Xuvenil, Xuvenil superiores

IVÁN LAMAS – RC Villalbés B

“Acadamos tres puntos moi importantes que nos permiten seguir loitando pola permanencia”

CONXO B 1 – RC VILLALBÉS B 2

Segunda vitoria consecutiva para un Rácing Villlabés B que segue metido de cheo na loita pola permanencia tras impoñerse en Santiago ao Conxo B, nun partido que empezou cun ritmo frenético, no que Martín fixo dous goles e no que Clemente salvou dous puntos cunha das mellores paradas da tempada na recta final do encontro.
Ata entón o Villalbés entrara ao encontro cunha gran intensidade, e unha boa proba diso foi o primeiro disparo a porta dos chairegos aos dez segundos de partido por medio de Martín.
O propio Martín foi o encargado de inaugurar o marcador aos cinco minutos, ao culminar desde o punto de penalti unha xogada que naceu no carril esquerdo.
A alegría durou pouco, xa que tan só dous minutos despois o Conxo fixo o un a un cun golazo.
A partir de aí o partido acougouse un pouco máis. Os composteláns fixéronse co balón, pero non conseguiron xerar perigo ante un Villalbés B que esperaba a súa oportunidade á contra.
Tralo descanso o Rácing volveuse a adiantar no marcador, de novo nos primeiros minutos e de novo con Martín como finalizador, nesta ocasión tras unha boa combinación no medio campo que desencadeou nun pase ao espazo de Gabri que culminou Martín.
Nesta segunda parte o partido tivo menos control, foi máis ida e volta. O Villlabés B puido sentenciar, pero tamén puido empatar o Conxo B, especialmente nunha das últimas xogadas na que apareceu San Clemente para calcar a parada de Casillas co Real Madrid ante o Sevilla no Rámón Sánchez Pizjuan.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu