O Villabés remou contracorrente

En Liga Nacional, Xuvenil, Xuvenil superiores

Tralo cero a dous co que se adiantou o Rápido de Bouzas os de Cholas intentaron reaccionar, pero aínda que conseguiron empatar a vitoria do cadro visitante foi xusta no Roca

 

RC VILLALBÉS 2 – R. BOUZAS 3

O Rápido de Bouzas levouse os tres puntos no último encontro da tempada no Estadio Roca, onde se mediron dous equipos sen nada en xogo a nivel clasificatorio tras chegar ás últimas xornadas cos deberes feitos.As sensacións foron mellores para o Bouzas desde os primeiros minutos, nos que gañaron con facilidade a liña de fondo cun efectivo fútbol directo co que saíron da presión alta do Villalbés con facilidade.
David tivo o un a cero tras un saque de esquina, pero sería o Bouzas quen pegara sen avisar. Na súa primeira ocasión o Rápido inaugurou o marcador cun disparo desde a frontal que sorprendeu a Óscar, titular na Liga Nacional por segunda ocasión.
Sen moito tempo para a reacción chegou o cero a dous, nesta ocasión tras unha acción a balón parado.
O Rácing intentou reaccionar e tivo ocasións cun man a man de Moreda ou un remate ao poste de David, pero ao descanso chegouse con cero a dous.
Na segunda parte o Villalbés foi máis recoñecible. Marco puxo un gran centro á área e David enviouno ao fondo das mallas mentres que Herrero fabricou o empate a dous que subiu ao marcador Miguel cun cuarto de hora por diante. A remontada palpábase, pero o Bouzas foi letal a balón parado e tras un córner fixo o definitivo dous a tres co que finalizou o encontro.

 

“Cometimos demasiados errores como para poder puntuar en esta categoría”CHOLAS Rácing Club Villalbés

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu