O Victoria B levouse todo o botín do Cembedo

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Norte

LUCHI – Viveiro CF

“Partido igualado que se decidió en una jugada de fortuna, en un partido marcado por la diferencia física y de edad”

VIVEIRO CF 0 – VICTORIA B 1

O Viveiro encadeou a súa terceira derrota consecutiva na Liga Galllega cadete tras ceder todo o botín en xogo ante o Victoria B, que se levou os tres puntos ao marcar o único gol do encontro nos primeiros minutos da segunda parte cun pouco de fortuna, tras un saque de esquina.
Ata entón a igualdade marcara a primeira parte, que terminou co cero a cero inicial ao verse poucas ocasións claras de gol nuns primeiros corenta minutos que, con todo, foron de ida e volta.
Nada máis empezar a segunda parte chegou o cero a un tras unha acción a balón parado nun saque de esquina, a partir de aí o ritmo de partido foi menos. Luchi puxo un equipo practicamente formado por xogadores de primeiro ano e infantís que conseguiron levar o peso do partido por momentos, pero non atoparon o camiño do gol para poder empatar.
Ao final, impúxose a superioridade física do Victoria no Cembedo, propiciando a terceira derrota consecutiva dun Viveiro que a próxima xornada despedirá a tempada a domicilio ante o Conxo en Santiago, antes de disputar en casa o último encontro do curso ante outro conxunto filial, o Bertamiráns B.

 

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu