O Sporting de Gijón xa coñece o Roca

En División de Honra, Principal, Xuvenil, Xuvenil superiores

SIMÓN LAMAS – RC Villalbés

“Resultado moi satisfactorio ante todo un Sporting. Non só estamos aquí, senon que vamos a dar moita guerra”

RC VILLALBÉS 1 – SPORTING 1

O Rácing Villalbés logrou un novo punto na División de Honra xuvenil, o segundo consecutivo, que ten un valor engadido xa que foi ante todo un histórico, o Sporting de Gijón.
Un clásico que se alzou con esta competición en varios ocasións, pero que xa coñece en primeira persoa o Roca e como as gastan os chairegos neste terreo de xogo, onde os asturianos sufriron moito para poder rascar un punto pese a chegar á cita dende o máis alto da clasificación.
Nada máis poñerse o balón en xogo o Villalbés quixo mostrar os seus credenciales a base de intensidade nas segundas accións e metendo ao Sporting no seu campo con dúas ocasións a balón parado nada máis empezar nas que Cadenas e Moreda puideron inaugurar o marcador.
Esta xa é outra historia, xa que para pegada a do Gijón, ao romper o cero a cero inicial na súa primeira e practicamente única ocasión na primeira parte.
A partir de aí as forzas igualáronse no medio campo, sen que apenas houbese chegadas con perigo por parte de ningún dos dous equipos. Ao terminar a primeira parte o sabor de boca do Villalbés era agridoce, xa que para nada sentírase inforior a todo un Sportíng pese ao cero a un que reflectía o marcador.
Tras recuperar forzas no descanso, o Villalbés volveu tirar de intensidade ao comezo da segunda, na que meteu ao Gijón no seu campo e ata se permitiu ter máis control do balón.
Todo isto tivo a súa xusta recompensa co empate a un, un golazo asinado por Adrián, que recibiu un pase de Alberte e tras sentar á súa marca cun recorte puxo o balón lonxe do alcance do porteiro asturiano.
Nas primeiras xornadas a media hora que quedaba por diante sería eterna para os chairegos, pero a madurez do equipo fixo que ademais de aguantar o punto soñasen cos tres ao dispoñer dun par de ocasións claras para marcar, aínda que é certo que Duarte tamén se luciu para manter o empate final, que asemella o máis xusto tralos históricos noventa minutos que mediron ao Rácing Villalbés e ao Sportíng de Gijón no Roca.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu