O segundo posto do Provincial cadete será cousa de Residencia, Ribadeo e Castro

En Cadete, Cadete Autonómica, Provincial

O Polvorín enche de emoción o Provincial

 

POLVORÍN 3 – RESIDENCIA 3

O Polvorín encheu de emoción a loita polo Provincial cadete e, en especial, polo segundo posto que dá acceso á fase de ascenso á Liga Galega. Un posto ao que, tralo empate da Residencia en Montirón, optan con forza os da Cheda, Ribadeo e un Castro que, si gaña mañá á Sarriana, terminará a xornada empatado a puntos coa Residencia e a un de distancia dos mariñaos.
O encontro foi frenético desde o primeiro ao último minuto, xa que no un de xogo o Polvorín aproveitou un despiste defensivo no saque de medio da Residencia para inaugurar o marcador por medio de Diego Torres.
A partir de aí o intercambio de golpes foi continuo ata chegar ao descanso con empate a dous, tras asinar Martín Bena o un a un cunha xogada individual. O dous a un foi obra de Javi Porral cun golazo, e ao fío do descanso de novo Martín Bena fixo o dous a dous.
Xa na segunda parte a Residencia levou un pouco máis a iniciativa, e co dous a tres de Martín Iglesias a cinco minutos para o final, poñía rumbo fixo cara aos tres puntos. Con todo, no último instante apareceu Coque para devolver as táboas ao marcador co definitivo empate a tres tras un partidazo en Montirón.

 


 

Neira mantén o rumbo fixo da   Milagrosa cara o título Provincial

 

MILAGROSA 5 – XOVE LAGO 1

A Milagrosa segue mostrándose sen fisuras e facendo méritos para alzarse co Provincial cadete tras impoñerse ao Xove Lago por cinco goles a un cun hat trick de Neira, que foi un quebradizo de cabeza para a defensa mariñá, asinando dous goles e dando a asistencia do outro a Diego nunha primeira parte que finalizou con tres a un no Luís López Gorgoso.
Nada máis empezar a segunda parte chegou o catro a un por medio de Roi, co que o encontro quedou completamente visto para sentenza a expensas de que volvese aparecer Neira, e o punta fíxoo para pechar o marcador co cinco a un final.

 


 

Samuel meteu de cheo ao Ribadeo na loita pola segunda praza

 

RIBADEO 1 – SAGRADO CORAZÓN 0

Un solitario gol de Samuel ao fío da media hora inicial deulle os tres puntos ao Ribadeo ante o Sagrado Corzón nun disputado encontro que se xogou no Municipal do Cascabeiro, en San Cosme de Barreiros.
O Ribadeo foi mellor na primeira parte, pero as precipitacións nos últimos pases e nas definicións fixeron que ao descanso chegasen cun axustado un a cero tralo gol de Samuel, ao rematar un centro desde o punto de penalti.
Xa na segunda parte viuse un partido máis aberto e disputado, no que o Sagrado Corazón mereceu máis premio ao dispoñer de dúas claras ocasións nas que se luciu o porteiro Christian. Pola súa banda o Ribadeo tamén puido sentenciar, pero o partido estivo aberto ata o asubío final. Con este resultado os de Suso Coto métense de cheo na loita por unha praza de promoción de ascenso.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu