O Roca retén tres puntos de ouro para o Rácing

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Norte

CHOLAS – RC Villalbés

“Contento por la recompensa que han tenido los jugadores tras disputar un partido muy serio y de mucho trabajo por su parte”

RC VILLALBÉS 2 – VICTORIA B 1

O Rácing Villalbés sumou tres puntos moi importantes ante o Victoria B no Roca. Tres puntos cos que afronta con moral as tres próximas finais que disputarán os de Cholas na Liga Galega cadete. A primeira en Carballo o vindeiro sábado, correspondente a un encontro aprazado no seu día ante o equipo que marca os postos de descenso, a segunda en Santiago ante o Conxo, penúltimo clasificado, e a terceira e última neste trascendental mes de abril será no Roca ante o Bertamiráns B, tamén inmerso na loita pola permanencia.
O partido ante o Victoria B tivo varias lecturas. O Rácing empezou forte e Iago estrelou un balón no poste, pero a primeira parte disputouse moi lonxe das áreas. A loita librouse no medio campo onde os dous equipos foron esgotando as forzas sobre un terreo de xogo cada vez máis pesado.
Ao descanso chegouse co cero a cero inicial, pero cos herculinos máis tocados físicamente. No descanso Cholas deulles a puntilla cos cambios, que aportaron moito máis que os do Victoria B. Pese a iso, nada máis empezar a segunda parte Óscar tivo que lucirse para evitar o cero a un cunha gran parada. No contragolpe desta acción chegou o un a cero.
López atopou a Iago e este serviu para que Álex explotase a súa potencia por banda para inaugurar o marcador co un a cero no Roca.
Con vantaxe no marcador e máis enteiros físicamente, os chairegos fixéronse co partido ante un Victoria B que seguía con vida polo axustado do marcador.
Á hora de xogo o Villalbés puxo terra polo medio co dous a cero. De novo unha acción entre Iago e Álex deu os seus froitos, xa que o balón quedou morto e Gabri aproveitouno cunha chegada desde segunda liña para ampliar o marcador cun bo disparo.
A solvencia defensiva do Rácing e o dous a cero deixaba o encontro practicamente sentenciado, pero o Victoria B deulle emoción aos minutos finais ao recortar distancias tras un dos poucos despistes da zaga do Villalbés ao longo do partido.
Con dez minutos máis o desconto por diante o Victoria B sacou forzas de flaqueza e foise a polo empate. O Rácing tivo que apelar unha vez máis á seguridade defensiva e ata puido sentenciar definitivamente o encontro cunha contra de Iago, o mellor xogador neste partido, que non atopou premio por moi pouco.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu