O Ribadeo deixou en trío a man da Residencia

En Copa Provincial, Xuvenil, Xuvenil Autonómica

SALVA – SD Ribadeo

“Puxémoslle o broche de ouro a unha tempada espectacular de todo o equipo”

ÁLVARO MEILÁN – SDC Residencia

“Este resultado no empaña para nada la gran temporada que ha realizado este equipo”

SD RIBADEO 4 – SDC RESIDENCIA 3

Gran final da Copa Diputación a disputada entre Ribadeo e Residencia, que finalizou con vitoria dos mariñaos cun gol sobre a bucina que evitou a quenda de penaltis na Pontenova.
A Residencia presentábase na Mina como favorita, en busca do póker gañador esta tempada tralo os títulos do zonal e o Provincial, ademais de lograr o ascenso á Liga Galega xuvenil, pero en fronte tivo una das mellores versións do Ribadeo esta tempada.
A primeira parte foi un ida e volta, sobre todo no tramo inicial, no que a Residencia adiantouse ata en dúas ocasións no marcador, co cero a un e o un a dous. Pero o Ribadeo conseguiu deixar as táboas no electrónico ao final da primeira parte, co dous a dous co que se chegou ao descanso.
O ritmo de partido continuou sendo moi alto na segunda parte, na que Álex puxo por diante por primeira vez ao Ribadeo transformando un penalti moi protestado polos capitalinos.
Con media hora por diante a Residencia tomou o mando do partido e Fonseca asinou o momentáneo empate a tres.
O encontro camiñaba con paso firme cara os penaltis, nun ambiente de tensión e nervios, pero apareceu Adrián Barrera para desnivelar o partido cun gol desde a frontal da área a falta de tan só dous minutos para o final, co que o Ribadeo alzouse co título da Copa Diputación xuvenil deixando en trío a man da Residencia esta tempada.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu