O Ribadeo, campión zonal do Grupo Norte. Burela e Viveiro clasificados

En Grupo Norte, Infantil, Infantil Autonómica

O Xove Lago segue medrando

 

CASTRO 0 – XOVE LAGO 3

O Xove enlaza por primeira vez na temporada tres vitorias. A última logrouna en Castro, nun partido no que foron de  menos a máis, acabando por xogar no campo rival case toda a segunda metade.   Hugo Pérez abriu o marcador cun gol de penalti, na primeira parte, na que tiveron dúas ocasións máis para ampliar o marcador, en remates de Abel e Kevin que se estrelaron contra a madeira. Mentres, o Castro confiaba todo o xogo en ataque a Manu, que estivo moi só arriba. As mellores sensacións eran para os visitantes, pero o partido chegou  ao descanso con 0-1 e todo por decidir de cara a segunda metade. Tras o intermedio, o Xove non dubidou e decantou claramente o partido co 0-2, de David Prado. O resto do encontro foi un monólogo do Xove, que xa non concedeu ningunha ocasión a un Castro cada vez máis canso e con oito alevíns na convocatoria. O Xove Lago pechará a primeira fase cun partido na casa ante o Lourenzá, mentres que o Castro se medirá na Veiga ao San Ciprián.

 


 

O Ribadeo proclamouse campión do Grupo Norte infantil ante o Viveiro B

 

RIBADEO 5 – VIVEIRO B 1

0 Ribadeo volveu impoñerse na Liga zonal. O equipo de Roberto asegurou a primeira praza cunha vitoria ante o Viveiro B, que xa ten tamén garantida a súa praza na segunda fase. Os locais solventaron a súa falta de acerto na finalización das xogadas con tres goles a balón parado na primeira parte. O Viveiro non puido volver ao partido malia o 3-1 ao inicio da segunda parte, polo que rematou encaixando dous goles máis ante o mellor equipo desta fase.
O Ribadeo afinará a súa posta a punto ante o Lugo B na última xornada do ano e a derradeira antes de iniciarse o Provincial infantil.

 


 

O Provincial pasou pola Marosa

 

BURELA 4 – FOZ 2

O Burela logrou os puntos que precisaba para xogar o Provincial ante un Foz que pelexou ata o final por manterse vivo na loita. Malia adiantarse 0-1 e igualar o encontro, 2-2, tras o descanso, os de Gayol, que botaron de menos xogadores coma Pablo, chegaron ao final demasiado esixidos para pensar na remontada.

 


 

Nerea levou o temón laurentino

 

LOURENZÁ 4 – FERROVIARIA 0

O Lourenzá volveu gañar despois de tres xornadas, deixando a portería a cero por segunda vez na tempada. A seguridade defensiva dos laurentinos, dirixidos por Nerea no medio campo, decantou un partido no que a Ferroviaria tamén tivo, sobre todo na segunda parte, ocasións para facer algún gol. No entanto, o acerto de Diego cara a portería pechou o encontro.

 


 

O Lugo B asegurou a clasificación para a segunda fase cunha vitoria en Vilalba

 

RC VILLALBÉS B 0 – CD LUGO B 10

O Lugo B asegurou a súa clasificación para o Provincial cunha vitoria ante o Villalbés B. Os bos minutos iniciais do equipo local foron un espellismo, xa que os albivermellos non tardaron en impoñer o seu dominio. A boa actuación de Xoel, quen intercambiou con Sánchez a súa posición na dianteira, non impediu que o Lugo B fose poñendo terra polo medio.  Os goles de  Ayman abriron o marcador e a distancia foise ampliando ata o 0-6 co que se chegou ao descanso. Na segunda metade  Adrián tivo a mellor ocasión para maquillar o resultado ante  un Lugo B que seguiu manexando o balón e buscando a profundidade polas bandas.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu