O Rácing volveu a ser competitivo e deu a cara en Pontevedra

En División de Honra, Xuvenil, Xuvenil superiores

SIMÓN LAMAS  – RC Villalbés

“Competimos o partido ata o final, aínda que na segunda parte nos faltou algo de profundidade. Pese a iso, síntome orgulloso do partido dos rapaces”

PONTEVEDRA 1 – RC VILLALBÉS 0

Un solitario gol do Pontevedra á media hora de xogo desnivelou o marcador final nun partido no que o Rácing Villalbés recuperou a súa versión competitiva malia ás numerosas ausencias coas que afrontaron o encontro os de Simón Lamas, sendo as máis significativas as de Moreda, Cabado, Cadenas e Óscar.
Ante estes contratempos os xogadores do B e o cadete Abel tiveron un papel moi destacado.
O Pontevedra levou o peso do partido desde os primeiros minutos, demostrando unha vez máis que son o equipo revelación do campionato. Ante iso, o Villalbés fíxose forte en defensa pechando as liñas de pase e con Duarte seguro baixo paus. Os chairegos tiñan o encontro controlado ata que á media hora de partido o Pontevedra inaugurou o marcador tras unha contra letal.
Xa na segunda parte, a entrada de Carlos. Ángel e o cadete Abel, déronlle aire fresco a un Villalbés que se mantivo enteiro e na loita polos puntos esperando que chegase a súa oportunidade para poder empatar.
O Pontevedra arriscou menos e o Rácing, malia chegar vivo á recta final do partido, non puido xerar ocasións claras de gol.
Ao final, derrota pola mínima pero dando a cara ante un gran rival. Na próxima xornada os de Simón Lamas reciben ao Santiago no Roca nun encontro no que os chairegos poden abandonar o último posto da clasificación.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu