O Rácing Villalbés salvou un punto tras estar contra as cordas

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Norte

CHOLAS – RC Villalbés

“Sacamos un punto inmerecido en una segunda parte en la que el rival fue superior a nosotros”

SANTIAGO B 2 – RC VILLALBÉS 2

O Rácing Villalbés salvou un punto en Santa Isabel tras asinar unha boa primeira parte. Na segunda os de Cholas víronse desbordados, polo que o empate é ben recibido polos chairegos, que puntuaron por terceira xornada consecutiva a domicilio.
O encontro empezou de cara, co cero a un no primeiro minuto. Un gol que subiu ao marcador Abel tras aproveitar un pase en profundidade de Dani. A partir de aí as sensacións foron boas, presionando en campo rival e cun goteo de ocasións coas que o Villalbés puido aumentar a diferenza antes do descanso.
Álex, Abel e Gabri dispuxeron das máis claras ante un Santiago de Compostela B que apenas xerou ocasións ao longo dos primeiros corenta minutos de xogo.
Xa na segunda parte as tornas cambiaron, os composteláns gañaron protagonismo ante un Rácing que non axustaba ben a presión e que se viu obrigado a retroceder metros.
En dúas accións case consecutivas, ambas tras cadansúa falta lateral, os composteláns déronlle a volta ao marcador.
A fortuna estivo de cara para o Vilallbés, xa que puido encaixar máis goles, pero nun centro lateral de Gabri o balón envenenouse e terminou no fondo das portería dándolle un punto aos de Cholas.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu