O Rácing Villalbés marca o camiño a seguir na segunda volta

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Norte, Principal

CHOLAS – RC Villalbés

“Victoria muy merecida por ocasiones y juego. No debemos conceder tanto al rival para no acabar sufriendo”

RÁCING FERROL 3 – RÁCING VILLALBÉS 4

O Rácing Villalbés, que despediu o ano con catro derrotas consecutivas, iniciou o 2018 con moi boas sensacións tras impoñerse nun campo moi complicado cunha extraordinaria segunda parte tras encaixar un gol nos minutos finais da primeira.
As sensacións xa foran boas de inicio, cunha primeira media hora moi completa na que, cunha efectiva presión en campo rival, obrigaban aos locais a xogar en longo.
Abel e Iago xeraban perigo, pero o cero a cero mantíñase no marcador ata que nunha das últimas accións da primeira parte o Rácing de Ferrol aproveitou unha desaxuste defensivo do Rácing para subir o inxusto un a cero co que se chegou ao descanso.
Nos vestiarios os chairegos baixaron as pulsacións e incidiron no que estaban facendo ben, deste xeito, tiveron unha boa posta en escena coa que lle deron a volta ao marcador.
O empate a un marcou o camiño. O Rácing superou ao Ferrol cunha xogada que naceu en Lois e que terminou no fondo da rede tras un remate de Abel logo dun bo centro de Iago. Pouco despois, en pleno monólogo racinguista, Abel volveu acudir á súa cita co gol para facer o un a dous e o propio Abel asinou o un a tres.
Nada máis sacar de centro os ferroláns agarráronse ao encontro co dous a tres, pero a solvencia do Villalbés apagou o intento de remontada local co dous a catro de Iago. Xa no último minuto chegou o definitivo tres a catro, sen tempo para máis na Gándara.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu