O Rácing Villalbés estrea a conta na División de Honra

En División de Honra, Xuvenil, Xuvenil superiores

SIMÓN LAMAS – RC Villalbés

“Primeiro punto. Historia do club. Pero vamos a traballar moi duro para que veñan moitos mais”

AREOSA 1 – RC VILLALBÉS 1

O Rácing Villalbés xa sabe o que é puntuar na máxima categoría do fútbol base nacional, a División de Honra xuvenil, tras empatar a un en Vigo ante o Areosa.
Os chairegos, por méritos, mereceron este premio en pasadas xornadas e ata nesta o punto sabe a pouco tras chegar ao minuto 85 con vantaxe no marcador.
Ata entón o Villalbés plasmou o seu crecemento na categoría dende os primeiros minutos nos que intentou presionar en campo rival, pero cando o Areosa saía da presión replegaban e pechaban liñas de pase.
Co paso do partido o Villalbés foise animando cada vez máis co balón ata que chegou o cero a un cunha contra lanzada por Óscar continuada por Alberte e finalizada por Roberto, a gran novidade no once, que asinou o cero a un. Antes do descanso Moreda rozou o cero a dous cun disparo que desviou o porteiro local ao pau.
Xa na segunda parte, o Areosa subiu o listón de esixencia ante un Villalbés ao que a ansiedade por puntuar empezoulle a pasar factura. Os locais meteron aos chairegos no seu campo, pero estes resistiron os embistes ata que a falta de cinco minutos, tal vez na ocasión menos clara do Areosa, chegou o empate a un que deixa un sabor agridoce nun Rácing que, pese a iso, xa sabe o que é puntuar.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu