O Rácing Villalbés diluíuse tras un bo inicio de partido

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Norte

CHOLAS – RC Villalbés

“Deberíamos competir de la misma manera a lo largo de los 80 minutos como lo hicimos los primeros 25”

RC VILLALBÉS 1 – URAL B 3

O Rácing Villalbés non puido manter o seu goteo de puntos no Roca tras ceder os tres en xogo ante o Ural B nun partido no que os de Cholas se difuminaron cando máis de cara o tiñan, con un a cero no marcador e sendo moi superiores ata chegar ao ecuador da primeira parte.
O un a cero chegou moi pronto, aos dous minutos, tras enviar Iago ao fondo da rede un saque de banda longo que prolongou Gesto.
Co marcador a favor o Villalbés foi mellor, pero deixou pasar a oportunidade de poñer terra polo medio no marcador ao dispoñer Gabri e Abel de claras ocasións para o dous a cero.
O Villalbés atopábase cómodo, coas ideas claras e xerando perigo, polo que non se esperaba o cambio de rumbo que daría o encontro na recta final da primeira parte.
Á media hora o Ural B empezou a espertar e igualou o marcador antes do descanso. O mal grolo que pasou o Villalbés nos minutos finais daba ata por bo o un a un de cara a unha segunda parte na que o Rácing desapareceu no tramo inicial, encaixou dous goles e malia recuperar o pulso no último cuarto de hora, non puido loitar polos puntos.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu