O Rácing Villalbés despide o 2017 con 4 derrotas seguidas e ten deberes nas vacacións

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Norte

CHOLAS – RC Villalbés

“Necesitamos trabajo y humildad para volver a competir como equipo”

RC VILLALBÉS 0 – G. CARANZA 2

O Rácing Villalbés cadete tomarase uns días de vacacións antes de retomar a actividade para poñerse a punto de cara á segunda parte da tempada na que os de Cholas deberán retomar o bo rumbo na competición.
As catro derrotas coas que despiden o 2017 obrígalles a reaccionar coa entrada do ano novo ,e para iso deben facer os deberes nas vacacións e corrixir os erros que lastraron este tramo final de ano.
O duelo ante o Galicia Caranza marcaría as vacacións, e o certo é que os chairegos afrontárono coa intensidade adecuada. Fixéronse co mando do partido desde o inicio e xeraron ocasións, sendo as máis claras por medio de Abel, Gabri e Iago, pero sen o premio do gol.
Pola súa banda os ferroláns tan só inquietaron a Óscar cun disparo desde fóra da área que se estrelou no poste.
Trala tregua do descanso, na segunda parte presentouse batalla por parte de ambos equipos. O Villalbés conseguiu que se xogase en campo rival, e o tramo final de partido púxose de cara ao quedarse o Galicia Caranza con dez xogadores. Un hándicap que propiciou o efecto menos desexado, xa que o Villalbés entrou nunha fase de precipitacións e ansiedade por marcar e pagouno con dous goles incomprensibles, o cero a un tras unha falta lateral, e o cero a dous logo dunha xogada individual na que un xogador visitante regateou a medio equipo do Rácing.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu