O Villalbés B volve á Galega pola porta grande

En Fase de Ascenso, Principal grande, Xuvenil, Xuvenil Autonómica

Os chairegos varreron ao calasanz cun recital “made in Roca” espectacular

 

RC VILLALBÉS B 6 – CALASANZ B 2

O Rácing Villalbés volve á Liga Galega xuvenil e faino ao grande tras ser campión Provincial e tras varrer ao campión da Coruña, un Calasanz B

que gañou no partido de ida por un gol a cero e que conta con xogadores que ascenderon á División de Honra esta tempada. Con todo, aínda que pareza mentira, os herculinos non foron conscientes do que supón xogar no Roca, e menos o partido de volta dunha eliminatoria.
O Villalbés varreu ao Calasanz B e o Roca engullíunos. Dende os primeiros minutos os de Iván Lamas déronlle ao seu rival unha declaración de intencións inaugurando Anido o marcador cando tan só se disputaran sesenta segundos.
Xa coa eliminatoria empatada e sen deixar marxe á reacción visitante, Martín fixo o dous a cero mentres que o capitán Ángel, ao máis puro estilo Puyol, coa cabeza vendada, rematou unha falta lateral para levar o marcador ata o tres a cero deixando en estado de shock a un Calasanz B que perseguía sombras e que encaixou o catro a cero antes de chegar ao descanso por medio de Marco.
Os herculinos intentaron espertar no descanso do pesadelo que estaban vivindo, pero o rodillo do Villalbés pasoulles de novo por riba. Á hora de xogo o Rácing xa mandaba por seis a cero cos goles de Iago e Martín, cos que empezou a conta atrás para o inicio da festa do ascenso sobre o céspede do Estadio Roca.

 

“Esto é a consecuencia dun bo proceso semanal de xogadores, nais, pais e adestradores de base deste Club. Noraboa por todo o feito nestes 10 meses” IVÁN LAMAS RC Villalbés

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu