O Rácing Villalbés A deu un paso de xigante para disputar o Galego

En Benxamíns, Primeira División Benxamín, Principal

A victoria sobre o Sagrado Corazón deixa aos de Freire a un só punto de asegurar matematicamente a segunda praza e, con ela, o billete para o campionato galego.
Os chairegos, que acumulan catro triunfos consecutivos, acabaron impoñéndose con comodidade nun partido igualado na priemira metade, con 1-3 ao descanso. Tras o intermedio, os visitantes confirmaron o seu bo momento de forma aumentando a diferenza.
Salvo sorpresa, os racinguistas acompañarán ao CD Lugo A que non se relaxou tras lograr, a pasada semana, o título provincial. Os de Hugo Vázquez deixaron encarrilado o partido ante a Residencia na primeira metade cun 5-0. Teñen ao seu alcance o reto de converterse no único equipo dos provinciais de fútbol 8 que remate a competición regular sen perder ningún encontro.
En Malates, Santiago de Foz e CP Lucense asinaron as táboas. Os locais, máis eficaces ante a portería rival, igualaron a renda de 0-2 da que dispuxeron os capitalinos.
O Porto de Burela protagonizou unha remontada espectacular na Frigsa onde, tras o descanso, lle deu a volta ao 4-2 asinado pola Milagrosa nunha boa primeira metade.

También puedes leer!

O Calasancio disparouse a súa última bala no pé

A derrota ante o Alondras deixa aos de Manu Rodríguez ao borde do descenso

Leer más...

Burela, Viveiro e Villalbés a un paso da loita polo ascenso infantil

O Rácing Villabés segue dependendo de si mesmo SAGRADO 0 – RC VILLALBÉS 5 O triunfo fronte ao Sagrado

Leer más...

O Lugo gaña en Nigrán e volve soñar cun posto no play off

A falta de dúas xornadas os albivermellos teñen opcións de estar entre os catro primeiros. Necesitan unha derrota do

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu