O Rácing traza e cumpre o guión previsto

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Norte

Vitoria solvente dos de Simón Lamas na Estrada

 

ESTRADA 1 – RC VILLALBÉS 3

O Rácing Villalbés saíu da Estrada coa satisfacción de facer un partido moi completo no que sumaron os tres puntos con xustiza. Ademais, Simón Lamas volveu dar minutos de calidade a xogadores infantís, como Noel Teijeiro, que foi titular, ou Hugo Xabier, que entrou na segunda parte.
Nos primeiros minutos non houbo dominador, ningún equipo puido controlar os tempos nin a posesión polo que as ocasións sucedéronse nas dúas áreas. O Estrada estrelou un balón no poste pero a pegada correu a cargo dos chairegos. O cero a un asinouno Carlos ao rematar de cabeza un bo centro de Gabi, antes do cuarto de hora. Tan só catro minutos despois, Gabi fixo o cero a dous ao intercambiarse os papeis cun Diego que asistiu para que o extremo rematase de cabeza.
Co partido controlado chegouse á segunda parte na que o Villalbés xogou á perfección co marcador ata que Gabi volveu acudir á súa cita co gol para asinar o sétimo da tempada e segundo neste encontro no que o Estrada maquillou o marcador final cun gol no último minuto.

“Os tres mediocentros permitíronnos ter moita continuidade con balón, e desgastar o suficiente o rival para gañar comodamente” SIMÓN LAMAS RC Villalbés

 

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu