O Rácing profana o campo do campión

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Norte

Ningún equipo gañara esta tempada ao Bertamiráns na casa. Os de Simón Lamas fixérono tras un gran encontro

 

BERTAMIRÁNS 1 – RC VILLALBÉS 2

Simón Lamas contou practicamente con todo o persoal logo de moitas xornadas con ausencias na Liga Galega cadete, e os chairegos despedíronse da competición a domicilio e posiblemente do seu último encontro xuntos esta tempada cunha gran vitoria.Un triunfo que ninguén conseguiu nesta Liga, xa que o Bertamiráns, campión, non perdera ningún encontro xogado como local neste curso.
O Villabés aproveitou que o xuvenil B non empeza a fase de ascenso ata a semana que vén e tirou de toda a súa artillería. Os de Simón Lamas tiveron unha posta en escena moi intensa coa que sorprenderon ao campión de Liga, aínda que é certo que se adiantaron pasado o cuarto de hora cun penalti rigoroso que reclamaron con insistencia os locais. O árbitro sinalou os 11 metros e Gabriel executou a penal máxima ao fondo das mallas. Sen marxe para a reacción local, tan só tres minutos despois Cabado e Raúl fabricaron unha xogada por banda dereita que terminou cun potente disparo do lateral desde fóra da área co que subiu ao marcador o cero a dous.
Na segunda parte o Bertamiráns tirou de orgullo, fíxose co balón e dominou o encontro ante un Rácing que demostrou que non se lle esqueceu sufrir, apertou os dentes e pese a encaixar o un a dous mantívose en pé para profanar o feudo do campión de Liga.

 

“Gran vitoria que pode ser un bo recoñecemento á grandísima tempada do equipo. A nivel individual cumplimos os obxectivos con creces” SIMÓN LAMAS RC Villalbés

También puedes leer!

O gol volveu ser determinante

A Residencia competiu ben por momentos, pero con balas de fogueo ante un Riveira máis contundente   RESIDENCIA 0

Leer más...

O Lugo despídese na casa pola porta grande

os de Martín Murado impuxéronse ao Celta de Vigo, campión da División de Honra que non perdía dende outubro

Leer más...

Encomiable esforzo con recompensa final

O Lugo B vaciouse na Cheda para puntuar ante o Celta de Vigo B, de novo campión da Liga

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu