O Rácing mirou aos ollos ao Celta de Vigo

En División de Honra, Principal, Xuvenil, Xuvenil superiores

SIMÓN LAMAS – RC Villalbés

“Mantivemos o cero a un ata cerca do final, tivemos as nosas opcions ante un rival que compite pola Copa do Rey. Fomos o Rácing competitivo que nos trouxo ata aquí”

RC VILLALBÉS 0 – CELTA DE VIGO 2

O Rácing Villlabés saíu da Magdalena coa cabeza moi alta tras competir de poder a poder durante todo o encontro ante todo un Celta de Vigo nun escenario único.
Co Estadio Roca moi castigado polas choivas, a Magdalena volveu acoller un encontro da División de Honra xuvenil. Todo un derbi galego ante o Celta de Vigo, que se podería pensar que tería a alfombra vermella unha vez descartado o Roca.
Os celestes puidérono pensar incluso unha vez que empezou o encontro, xa que no primeiro minuto inauguraron o marcador tras unha xogada ensaiada á saída dun córner.
Pero tardaron moi pouco en darse conta de que o Villalbés vendería moi cara a derrota. Os de Simón Lamas incomodaron en todo momento a un aspirante ao título de Liga, alternando presión con repliegue. O Celta, dada a súa tremenda calidade individual, daba sensación de perigo, pero non puido concretar ocasións claras ante Duarte e chegouse ao descanso con cero a un no marcador.
Co paso dos minutos na segunda parte o Villalbés cada vez atopábase máis a gusto no campo, gañando protagonismo con balón en campo rival ata chegar a soñar co empate.
Un soño que estivo a piques de facerse realidade á media hora da segunda parte, con tan só un cuarto de hora por diante. Charly executou unha falta directa ao borde da área e o balón estrelouse no pau cando xa se cantaba o gol na Magdalena. Na contra desa mesma xogada, tralo rexeite do traveseiro, o Celta explotou a súa verticalidade e calidade para asinar o cero a dous á contra.
Cun cuarto de hora por diante o partido foi outro, o Villalbés despediuse dos puntos e o Celta empezou a respirar tras pasar un mal grolo durante unha hora de xogo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu