O Rácing foi menos contundente que o Caranza nas áreas

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Norte

CHOLAS – RC Villalbés

“Dominamos en cuanto a juego se refiere, pero nos faltó contundencia en las áreas”

G. CARANZA 2 – RC VILLALBÉS 1

O Rácing Villalbés, xa cos deberes feitos a nivel clasificatorio, presentouse en Caranza, onde os de Cholas disputaron un bo encontro que non se viu reflectido no marcador pola maior contundencia dos locais en ambas as áreas, sendo este o único aspecto do xogo no que o Galicia Caranza foi mellor que o Rácing Villalbés.
Álex e Azael tiveron espazos e balón, polo que a sensación de perigo racinguista foi notable desde os primeiros minutos. Con todo, o primeiro en pegar foi o Caranza co un a cero ao cuarto de hora, na súa primeira aproximación aos dominios de Óscar.
A partir de aí o Rácing volveu á carga, pero con chegadas por banda de Gabri e Diego sen finalizar.
Na segunda parte repetiuse o guión do primeiros corenta minutos. O Villalbés tivo o control do xogo e chegou a empatar por medio de Gabri, que aproveitou o rexeite dun disparo de Álex á hora de partido.
Con vinte minutos por diante o Rácing apostou pola remontada, insistindo por banda, pero sen a contundencia necesaria dentro dela. Algo que volveu ter o Caranza ao rematar unha falta lateral nunha acción illada coa que os ferroláns quedaron cos tres puntos en xogo tras asinar o dous a un a catro minutos para o final do encontro.
Na última xornada os de Cholas recibirán ao Ferrol B.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu