VILLALBÉS-VIVEIRO
Chairegos e mariñaos despiden o 2022 con 19 puntos e instalados na zona media da clasificación do Grupo Norte da Liga Galega infantil, trala vitoria do Rácing no derbi.
Un encontro no que o idilio entre o Villalbés e a Magdalena volveu ser letal, ademais da contundencia nas áreas, factor decisivo no resultado final de 3-0.
A SD Viveiro dispuxo da primeira ocasión no derbi,. cun remate a pau, pero seria Dani Orosa o que acertou ca portería rival ao inaugurar o capitán chairego o marcador tras enviar ao fondo das mallas un balón solto tras un saque de esquina.
A SD Viveiro xerou perigo, especialmente por banda dereita con Xavi pero sen mordente nin pegada na definición, polo que ao descanso mandaba o Rácing no marcador por 1-0.
No segundo tempo o guión do derbi foi similar, ca SD Viveiro tentando crear perigo con xogadas trenzadas pero sen chegar a inquietar en exceso a Carlos, mentras que o gardamallas visitante, Nico, que debutaba como titular esta tempada, mantivo con vida aos mariñaos ata que entrou en escena Iago Rouco, para demostrar unha vez máis que é un dos xogadores en mellor estado de forma neste remate de 2022.
O extremo racinguista asinou o 2-0 nunha acción marca da casa tras balón ao espazo e sentenciou o derbi co 3-0 a cinco minutos para o final do encontro.
“SEGUIMOS FACENDO CAMIÑO PARA SER MELLOR EQUIPO QUE A PRINCIPIOS DE TEMPADA E NESTE PARTIDO DEMOS UN PASO ADIANTE”
VITÍN – Rácing Villalbés
“LA CLAVE EN ESTE ENCUENTRO FUE PRINCIPALMENTE EL NO SABER DEFENDER BIEN NUESTRA ÁREA ”
PELAYO – SD Viveiro