O Rácing dalle un extra de emoción á Liga

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Norte

CHOLAS – RC Villalbés

“No tengo nada que reprochar al equipo, que lo ha intentado hasta el final. Felicidades por el trabajo realizado”

URAL B 2 – RC VILLALBÉS 1

O Rácing Villalbés segue camiñando pola corda frouxa na Liga Galega cadete, pero os de Cholas fano co arnés de seguridade posto, ata agora, grazas aos puntos que suman en casa.
En Villalba disputaranse dous dos tres últimos encontros, sendo este o maior aval para os chairegos. Na Coruña medíronse cun Ural B cos deberes feitos, pero moi competitivo.
Na primeira media hora a necesidade do Villalbés fíxose valer, e os de Cholas foron mellores. Abel e Santi dispuxeron das ocasións máis claras, pero o balón non quixo entrar e o os herculinos foron a máis á vez que crecía a ansiedade dos chairegos.
Xa na segunda parte os dous equipos foron con descaro a polo partido. Pegou primeiro o Ural ao culminar un contragolpe, pero a reacción non se fixo esperar e Azael, tras pase de Abel, devolveu as táboas ao marcador cun cuarto de hora por diante.
O Villalbés foi ambicioso e quixo os tres puntos, pero un despiste na marca tras unha falta lateral propiciou o dous a un do Ural.
Nos últimos dez minutos o asedio chairego quedouse sen premio, anulándose un gol a Gesto e con remates de Iago e Azael que non atoparon portería.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu