O Rácing B necesita un milagro para salvarse

En Liga Galega, Xuvenil, Xuvenil superiores

IVÁN LAMAS – RC Villalbés B

“Cando está de que non, é que non”

RC VILLALBÉS B 1 – BETANZOS 1

O Rácing Villalbés B ten pé e medio en Provincial tras empatar na final que lle mediu co Betanzos onte pola mañá. Os de Iván Lamas fixeron méritos máis que suficientes para poder sumar os tres puntos e chegar con osíxeno ás dúas últimas xornadas, pero agora os chairegos necesitan un deses milagres que toda tempada adoita ter algún equipo.
A falta de dúas xornadas o Villalbés B ten que recortar cinco puntos con seis en xogo. O primeiro obxectivo pasa por gañar en Caranza a próxima xornada, e o segundo chegar con vida ao último encontro ante o Val no Roca. É complicado, pero as matemáticas e os milagres aínda están do lado racinguista.
O partido ante o Betanzos era unha final. Os chairegos afrontárono como tal e estiveron á altura das espectativas. Nos primeiros minutos o fútbol directo monopolizou o encontro, pero o Villalbés B era quen daba máis sensación de perigo, sobre todo en accións a balón parado, tras sacar varios córners.
O Rácing B estaba mellor, pero chegou o primeiro xerro de auga fría co cero a un á media hora de xogo, tras unha falta que sacou rápido o Betanzos e coa que pillou descolocada á defensa local. O baixón durou pouco, xa que tan só catro minutos despois Samuel empatou tras un penalti cometido sobre el mesmo.
A segunda parte foi un querer e non poder por parte do Rácing Villalbés B. Os de Iván Lamas intentárono por todos os medios e xeraron moitas ocasións de gol, pero a fortuna non estivo do seu lado, o balón non quixo entrar e o Betanzos levouse un punto de ouro.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu