O primeiro posto estará en xogo na próxima xornada no Provincial xuvenil

En Provincial, Xuvenil, Xuvenil Autonómica

A Residencia quentou motores

 

SAGRADO CORAZÓN 0 – RESIDENCIA 4

A Residencia levouse os tres puntos das Gándaras tras impoñerse a unha correosa versión do Sagrado Corazón.
Os de Dani Galán foron de menos a máis, afinando a súa posta a punto de cara á próxima xornada, na que recibirán ao Porto de Burela nun duelo de invictos e co primeiro posto en xogo.
Ante o Sagrado, os da Cheda variaron o seu estilo de xogo polas dimensións do campo, saíndo con dous puntas, Veloso e Vilariño.
A formulación do Sagrado viuse truncada polo cero a un no primeiro minuto, tras un saque de esquina que rematou Veloso. A partir de aí as forzas igualáronse e ao descanso chegouse co axustado cero a un.
Tralo paso polos vestiarios o Sagrado Corazón foi máis ambicioso e buscou o empate con descaro, con todo, á hora de partido, a Residencia sentenciou o encontro ao transformar Gabri un penalti moi protestado polos locais.
A partir de aí, na media hora final, a Residencia foi mellor e afinou a posta a punto de cara á próxima xornada.

 


 

O Palas sentenciou o encontro nos Chacotes cunha primeira parte letal

 

PALAS 5 – RIBADEO 0

Segunda vitoria consecutiva na casa dos de Luis Mato, que ante o Ribadeo deixaron o encontro visto para sentenza na primeira parte.
O mariñaos, que neste tramo de tempada están acusando algunhas baixas, saíron ben ao campo, pero pagaron caro dous despistes nos primeiros minutos que aproveitaron os locais para poñerse por diante con goles de Ouro e Iván Navia. Con esta renda o Palas non se relaxou e antes do descanso de novo Ouro e Pablo deixaban o marcador en 4-0 de cara a unha segunda parte de mero trámite na que Navia asinaba o seu cuarto gol en dous partidos para o definitivo 5-0.

 


 

O Porto Burela desfixo o empate no minuto oitenta e nove de partido

 

PORTO BURELA 3 – CASTRO 1

Un gol de Jorge a falta dun minuto para cumprirse o tempo regulamentario desfacía o empate entre Burela e Castro nun encontro no que os de Marcos Veiga comezaban adiantándose na primeira metade, cun tanto de Lage. O plantexamento defensivo dos chairegos complicoulle as cousas aos mariñaos, que pese a iso conseguían devolver as táboas ao marcador antes do descanso.
Na segunda metade o Castro tivo a súa oportunidade á contra para poñerse por diante. Pero o gol de Jorge no 89 tiraba pola borda as esperanzas dos visitantes, que recibían o 1-3, cando estaban volcados en ataque.

 


 

A Milagrosa non deu tregua ante un Lourenzá con moitas baixas

 

MILAGROSA 8 – LOURENZÁ 0

Tras dúas derrotas consecutivas os de Couso resarcíronse cunha goleada ante o conxunto mariñao, que chegou á Frigsa con só dous recambios e con moitos xogadores cadetes no seu plantel. Pese a iso o Lourenzá aguantou ben as acometidas locais durante os vinte primeiros minutos, ata que Martín trasformou un penalti. A partir de aí o partido abriuse e os goles foron caendo: Pedro, Álvaro, Ander, Anxo e de novo Martín, cun hat trick neste encontro, completaron a goleada albivermella.
A vindeira fin de semana a Milagrosa visita ao Castro, mentres que o Lourenzá buscará volver á senda da vitoria nos Chacotes ante o Palas.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu