O Porriño fixo valer a súa maior necesidade de puntos

En Liga Nacional, Xuvenil, Xuvenil superiores

BRUNO RODRÍGUEZ – CD Lugo B

“Tenemos que conseguir controlar cada detalle del juego para poder competir mejor”

PORRIÑO 2 – CD LUGO B 0

O Porriño quedou cos tres puntos en xogo ante o Lugo B. Algo que ninguén conseguira nas últimas sete xornadas na liga Nacional xuvenil, nas que os de Bruno Rodríguez empataron seis encontros.
A maior necesidade de puntos por parte do Porriño, inmerso na loita pola permanencia, foi determinante. Os locais cedéronlle a iniciativa no xogo aos lucenses, pero cun 4-4-2, ao Lugo B custáballe poder superar liñas. Tan só algunha diagonal de Nassim e un par de disparos de David e Lis inquietaron ao Porriño nos primeiros corenta e cinco minutos, nos que tiveron a pegada necesaria para desnivelar o marcador.
O un a cero chegou ao cuarto de hora, tras un bo remate de cabeza á saída dun córner, e o dous a cero antes do descanso, de novo tras un saque de esquina, aínda que nesta ocasión cun remate menos limpo que o primeiro.
Aos dez minutos da segunda parte Bruno Rodríguez variou o rumbo do encontro, pasando o Lugo B a unha defensa de tres para acumular máis xogadores no medio campo. Jesús tivo a ocasión máis clara para recortar distancias, pero o Porriño defendeuse con uñas e dentes para sumar tres puntos vitais para eles.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu