O Polvorín xa ten a mirada posta no partido contra o Imperátor da próxima semana

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Norte

CABALLERO – EF Polvorín

“Este resultado nos demuestra que si no corremos, no competimos”

EF POLVORÍN 0 – R. FERROL 5

O Polvorín cedeu os tres puntos en xogo ante o Rácing de Ferrol, un dos mellores equipos deste grupo pola permanencia que estivo a piques de clasificarse para a Copa Galicia trala primeira fase.
Os de Caballero chegaban ao encontro coa moral alta tras impoñerse na pasada xornada ao Oza Juvenil, pero este encontro, de inicio, estaba marcado pola sensible baixa do capitán, Juanma.
Unha vez que comezou a rodar o balón o Polvorín sentiuse cómodo nos primeiros minutos sobre o terreo de xogo en repliegue. Con todo, tras un erro nun pase, o nove ferrolán plantouse no man a man só ante Diego e subiu o cero a un ao marcador ao cuarto de hora.
Este gol fixo moito dano aos lucenses e cambiou por completo o guión do encontro.
O Polvorín quixo reaccionar, pero acto seguido encaixou o cero a dous e, antes da media hora de partido, o encontro quedou visto para sentenza co momentáneo cero a tres.
Co Polvorín totalmente KO, o Rácing de Ferrol fixo o cero a catro antes do descanso tras un saque de esquina.
No intermedio Caballero realizou os cinco cambios e intentou sorprender e variar o rumbo do encontro suscitando unha defensa de tres centrais e con tres puntas en ataque. O Polvorín estivo mellor, pero non puido recortar distancias e terminou encaixando o cero a cinco no treito final.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu