O Polvorín xa sabe o que é gañar na liga galega

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Norte, Principal

CABALLERO – EF Polvorín

“Acabamos el año con buen sabor de boca. Toca descansar y volver con fuerzas de cara a la segunda fase”

POLVORÍN 5 – 11 CABALLEROS 2

O 2017 será un ano recordado polo Polvorín, xa que tras conseguir o histórico ascenso á Liga Galega, os de Caballero asinaron na última xornada do ano a primeira vitoria. Tres puntos que enchen do moral ao equipo capitalino para afrontar o parón de Nadal e encarar con optimismo a segunda fase da tempada na que os puntos xa terán moito máis valor.
A primeira parte finalizou con dous a un, pero non foi boa por parte do Polvorín, e ata o Once Caballeros inaugurou o marcador aos cinco minutos de xogo.
As présas desencadearon en precipitacións, e estas en falta de continuidade no xogo local, pero o Polvorín logrou empatar á saída dun córner e deulle a volta ao marcador cun centro chut de Vila.
A segunda parte empezou sen cambios no Polvorín e moi pronto chegou o tres a un, un gol que naceu tras un saque de esquina de Vila que culminou Jose.
Os visitantes quixeron meterse no partido, sobre todo tralo momentáneo tres a dous, pero o Polvorín foi mellor e dispuxo de moitas ocasións, especialmente por medio de Khayki, aínda que só acertou en dous delas para levar o marcador ata o definitivo cinco a dous co que o Polvorín despediu este histórico 2017.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu