O Polvorín usa o comodín

En Cadete, Fase de Ascenso

Os de Caballero caen á repesca, onde xa agarda o Conxo Santiago, tras dala cara ante un Compostela que xa é de Liga Galega

 

EF POLVORÍN 0 – COMPOSTELA 0

A Liga Galega cadete volverá pasar por Santiago para o Polvorín, que esgotará o comodín que se gañou a pulso por ser Campión Provincial tras caer eliminado polo Compostela na rolda de campións.

Agora o Conxo Santiago crúzase no camiño dos de Caballero, que deberán pasar dous eliminatorias para chegar á Liga Galega.
O cruzamento co Compostela viña practicamente sentenciado do encontro de ida en Santiago co tres a cero. Pero lonxe de darse por vencidos, os de Caballero exprimieron as súas opcións cunha posta en escena moi intensa, presionando arriba e buscando un gol nos primeiros minutos que lles metese de novo na pelexa.
Nada máis empezar o encontro Manu Couce amagou co un a cero, pero o seu remate tivo unha magistral resposta do porteiro compostelán e Dhomi, cun disparo pegado ao poste e un balón que se paseou por diante da área pequena sen atopar rematador, tiveron as ocasións máis claras para un Polvorín que, pese a buscalo, non tivo o premio do gol. Pola súa banda o Compostela tamén xerou algunha chegada, pero Dylan estivo moi seguro ao longo dos minutos que estivo no terreo de xogo.
Na segunda parte o Polvorín acusou o esforzo da primeira parte ante un Compostela que soubo xogar á perfección co marcador do encontro de ida para selar o ascenso á Liga Galega cadete co asubío final.
O próximo rival do Polvorín, o Conxo Santiago, pasou esta rolda tras remontar o 1-2 ante o Oza Xuvenil cun 1-3 no partido de volta.

 

“Felicito a todo el equipo por el esfuerzo realizado. Ahora a preparar lo mejor posible el siguiente encuentro que esto no se termina aquí” CABALLERO EF Polvorín

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu