O Polvorín cadete rematou coa condición de invicto da Residencia

En Cadete, Principal, Provincial

Cero a dous para os de Caballero na Cheda no partido máis destacado da xornada no Centro. No Norte, o Burela gañou sobre a bocina a un Villalbés con dez

Sagrado Corazón e EF Polvorín A saen reforzados tras as vitorias desta fin de semana. Os branquiazuis lograron un triunfo traballado ante un Casás que segue mirando para a zona alta da clasificación. David marcou as diferenzas nun partido que os colexiais afrontaron coa baixa de Mario na portería. Os de Caballero tamén seguen sumando de tres en tres. Desta volta, superando a unha Residencia que non encaixara ningunha derrota esta temporada. Andrés e Raúl asinaron a vitoria na Cheda con dous goles na segunda metade.A xornada deixou ademais os triunfos pola mínima de Abuín, ante a Sarriana B, e da Ferroviaria, ante o Castro. Na Ribela faltaron goles. Sobraron na Frigsa, onde as defensas non estiveron finas.

Vitorias dos 4 primeiros
No grupo Norte a sétima xornada saldouse con triunfos dos catro primeiros clasificados: Ribadeo, que se atopou cun Viveiro moi combativo no primeiro tempo, Burela, que lle gañou in extremis a un Villalbés B con dez; Foz, nun partido cómodo ante a Pontenova, e Xove Lago, que fixo valer o gol de Marcos Rivas ao cuarto de hora de xogo en Lourenzá.

Dous encontros
A xornada acurtouse no grupo Sur con só dous partidos. A Residencia venceu ao Antas, que se defendeu ben na primeira metade. A Sarriana impuxo a súa eficacia no Polvorín.

También puedes leer!

O Calasancio disparouse a súa última bala no pé

A derrota ante o Alondras deixa aos de Manu Rodríguez ao borde do descenso

Leer más...

Burela, Viveiro e Villalbés a un paso da loita polo ascenso infantil

O Rácing Villabés segue dependendo de si mesmo SAGRADO 0 – RC VILLALBÉS 5 O triunfo fronte ao Sagrado

Leer más...

O Lugo gaña en Nigrán e volve soñar cun posto no play off

A falta de dúas xornadas os albivermellos teñen opcións de estar entre os catro primeiros. Necesitan unha derrota do

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu