O Polvorín frea á Milagrosa e vitorias do Ribadeo e do Castro no Provincial cadete

En Cadete, Cadete Autonómica, Principal, Provincial

O Polvorín tamén pesca en Frigsa

 

MILAGROSA 1 – EF POLVORÍN 1

O Polvorín, como xa fixo a pasada xornada ante a Residencia, sumou ante os dous primeiros clasificados, demostrando os de Caballero que contan con máis potencial do que reflicte a táboa clasificatoria.
En Frigsa levou o peso do partido a Milagrosa e dispuxo de ocasións para inaugurar o marcador. Con todo a pegada na primeira parte correu a cargo dos visitantes.
Antes do cero a un, Dhomi puido con inaugurar o marcador, pero sería Diego Torres o que o fixera nunha das últimas xogadas da primeira parte ao poñer o balón na escuadra tras aproveitar un rexeite logo dun saque de esquina.
Tralo paso polos vestiarios a Milagrosa empatou moi pronto por medio de Neira. Con todo, cando todo parecía indicar que o líder culminaría a remontada, os de Madriles fóronse desconectando aos poucos do partido ante un Polvorín que xerou máis perigo á contra nos segundos corenta minutos que na primeira parte.
Ao final, o reparto de puntos na Frigsa mantén á Milagrosa no primeiro posto en solitario, pero con menos marxe de erro para lograr o título Provincial cadete.

 


 

O Ribadeo méteuse momentáneamente en postos de promoción de ascenso á Liga Galega cadete

 

XOVE LAGO 0 – RIBADEO 4

O Ribadeo quedouse cos tres puntos en xogo ante o Xove Lago e terminan esta xornada en postos de ascenso á Liga Galega cadete, aínda que os de Suso Coto contan cun partido máis que a Residencia, terceiro clasificado.
Ante o Xove, os primeiros dez minutos foron de tenteo, pero a partir de aí o Ribadeo plasmou a súa superioridade no terreo de xogo con goles no marcador.
Casanova, del Viso e Samuel sentenciaron o partido co cero a tres co que se chegou ao descanso tras unha primeira parte na que o Ribadeo realizou un bo fútbol.
Na segunda parte Casanova sentenciou completamente o encontro co seu segundo gol e o cero a catro, marcador que xa non se moveu nunha segunda metade con menos ritmo que a primeira.
O Ribadeo, con 20 puntos, é segundo a dous da Residencia, pero os capitalinos ten un partido menos.
Os mariñaos dependen deles mesmos para disputar a fase de ascenso, xa que faga o que faga a Residencia en Sarria, aínda terá que visitalos na última xornada. Tres dos últimos catro partidos xogaraos o Ribadeo como local. Ante Milagrosa, Polvorín e Residencia, mentres que a domicilio os de Suso Coto tan só se medirán ao Castro na antepenúltima xornada.

 


 

O Sagrado Corazón quitoulle un comodín máis ao Castro

 

CASTRO 0 – SAGRADO CORAZÓN 1

O Sagrado Corazón quedouse con todo o botín en xogo ante o Castro na Fonte, polo que os chairegos deixaron escapar unha nova oportunidade de asaltar os postos de promoción de ascenso á Liga Galega cadete.
O Castro levou o peso do partido, pero atopouse coa orde defensiva dun Sagrado Corazón replegado pero sen renunciar ao ataque por medio das contras.
Ao descanso chegouse co cero a cero inicial, mentres que nada máis empezar a segunda parte Samuel fixo o cero a un ao aproveitar o rexeite dunha falta afastada.
A partir de aí, o Castro quixo marcar o segundo gol antes de facer o empate. Entrou nunha fase de precipitacións e non conseguiu marcar, dispoñendo dunha ocasión moi clara que sacou Álvaro en última instancia.
Ao final, vitoria para un Sagrado Corazón que por xogo, merece máis puntos neste Provincial cadete.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu