O Polvorín e Montirón ante o Conxo

En Cadete, Cadete Autonómica, Fase de Ascenso

Tralo 2-1 do partido de ida a eliminatoria resolverase no encontro de volta, no que os de Caballero esperan recuperar a tempo a Dilan e a Dhomi para darlle a volta e pasar á última rolda

 

CONXO SANTIAGO B 2 – POLVORÍN 1

O Polvorín e Montirón terán a última palabra na eliminatoria que mide aos de Caballero co Conxo Santiago por un posto en na rolda final da fase de ascenso cadete, tralo dous a un do partido de ida co que se impuxeron os composteláns.En Conxo o encontro estivo marcado polos paróns para hidratarse, un en cada tempo, saíndo os locais mellor parados na primeira metade.
O Conxo Santiago intentou levar o peso do partido, pero o Polvorín estivo firme en repliegue e buscou as contras para crear perigo por medio de Dhomi e a balón parado. Tralo primeiro parón o Conxo deu un paso á fronte e terminou a primeira parte con mellores sensacións e cunha clara ocasións que salvou o pau.
Xa na segunda parte o Conxo Santiago volveu ter unha mellor posta en escena e nesta ocasión conseguiu plasmalo no marcador con dous goles en apenas tres minutos, xusto antes do segundo parón para hidratarse no que o Polvorín recuperou o pulso.
Marcos Lombardero asinou un gol que vale o seu peso en ouro ao enviar ao fondo das mallas un balón solto na área local tras un saque de esquina, e a partir de aí o Polvorín durmiu de novo o encontro para que a eliminatoria se decida o vindeiro sábado a partir das 18:00 horas en Montirón.

“Venimos del partido de ida en Santiago con bastantes opciones de poder remontar esta eliminatoria”CABALLERO EF Polvorín

 

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu