O Polvorín deulle un susto ao líder en Santiago

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Norte

CABALLERO – EF Polvorín

“Desperdiciamos una nueva oportunidad de puntuar al irnos del partido en diez minutos tontos en la segunda parte”

SANTIAGO 4 – POLVORÍN 0

O Polvorín viaxou a Santiago para medirse co líder do grupo Norte pola permanencia. Un partido no que os de Caballero tiñan pouco que perder e moito que gañar, pero o transcurso do encontro fixo que os lucenses soñasen con puntuar tras realizar unha primeira hora de partido moi boa.
Situado en repliegue, o Polvorín aguantou o primeiro cuarto de hora ante un rival moi físico co cero a cero inicial, que era o primeiro obxectivo. A partir de aí empezaron a crecer en ataque ao encadenar varias contras coas que lle meteron ao líder o medo no corpo.
Ao descanso chegouse co cero a cero inicial e con boas sensacións, xa que Diego Arias tan só tivo que intervir nun par de ocasións.
O encontro continuou co mesmo guión na segunda parte ata que, no primeiro erro defensivo, o Santiago inaugurou o marcador cun gol que fixo moito dano aos lucenses.
Caballero intentou reactivar ao equipo cun cambio de sistema, arriscando con defensa de tres. Pero sen tempo para asimilalo chegou o dous a cero.
Co partido costa arriba, o líder de grupo levou o marcador ata o avultado catro a cero con dous goles máis practicamente consecutivos nun partido no que o Polvorín foi moi competitivo setenta dos oitenta minutos de xogo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu