O Polvorín, campión nos penaltis

En Copa Provincial, Xuvenil, Xuvenil Autonómica

Speedy transformou o lanzamento decisivo para o equipo de Kubala despois de noventa minutos sen goles na Cheda, que acolleu a final da Copa, último trofeo da temporada  

 

POLVORÍN 0 – SARRIANA 0

O Polvorín FC levantou o último trofeo da temporada. O equipo de Kubal proclamouse campión da Copa Deputación tras impoñerse á Sarriana nunha final igualada que se decidiu na quenda de penaltis. O encontro rematou con cero a cero no marcador despois de noventa minutos no que os amarelos tiveron máis balón, pero igual balance en ataque que os brancos.
Na primeira parte, Dani e Porral tiveron en dous man a man as ocasións máis claras para adiantar aos de Montirón pero Edgar solventou o perigo.
Tras o paso polos vestiarios a dinámica seguiu a ser a mesma, co Polvorín tratando de manexar o balón e a Sarriana disposto a xogar as súas bazas á contra.
A entrada de Manucho, ousado no un para un, incrementou a presenza en ataque dos de Alberto Pérez. Fronte os achegamentos máis continuos do Polvorín, que non lograba finalizar as accións con claridade, Porral rematou cunha vaselina un balón que se foi rozando o pau.
O cero a cero abocou a final á quenda de penaltis, na que a moeda caeu do lado dos amarelos, que xa pasaran así a primeira eliminatoria da competición, fronte ao Viveiro CF B.
A Sarriana fallou o primeiro e o cuarto lanzamento, que se estrelou no longueiro, O Polvorín tamén tirou arriba o cuarto, pero Speedy converteu o quinto e asinou a vitoria dos de Kubala, que dilúen coa Copa os sinsabores do Provincial.

 

“Noraboa ao grupo de xogadores que mereceron esta vitoria polo traballo que fixeron durante o ano” KUBALA Polvorín FC

“Felicidades al Polvorín FC. Agradezco a mi equipo los momentos y situaciones vividas,que nos hicieron mejorar a todos” ALBERTO PÉREZ Sarriana

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu