O Polvorín caeu na Coruña ante un Imperátor con máis pegada

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Norte

CABALLERO – EF Polvorín

“El fútbol está siendo injusto con nosotros, pero no nos vamos a rendir”

IMPERÁTOR 4 – POLVORÍN 1

O Imperátor quedouse cos tres punto en xogo na Grela nun partido moito máis disputado do que indica o catro a un final. Un resultado marcado pola maior contundencia dos herculinos nas áreas, especialmente na rival, na recta final do encontro.
Ata entón, de inicio, Caballero cambiou o debuxo táctico habitual, pasando a un 4-4-2 co que intentaba axustar mellor a presión e ir crecendo co paso dos minutos. O primeiro custou un pouco, xa que o Imperátor monopolizou a posesión do balón e xerou perigo, pero o Polvorín aguantou o primeiro chaparrón e co paso dos minutos foi crecendo ata igualar as forzas nunha disputada e igualada primeira parte que terminou co cero a cero inicial.
Xa na segunda parte mantívose o guión, pero chegou o un a cero nunha acción illada. A partir de aí Caballero propuxo unha defensa de tres e o Polvorín foise a polo partido con descaro.
Juanma, en dúas ocasións, acariñou o empate a un, pero a pegada correu a cargo do Imperátor ao asinar o dous a cero a pouco máis dun cuarto de hora para o final.
O Polvorín, lonxe de baixar os brazos, recortou distancias ao rematar un córner Conde, e envorcouse en busca dun empate que puideron asinar Fer e Juanma con cadansúa ocasión. Con todo, no tempo de desconto, o Imperátor con dous goles levou o marcador ata o avultado 4-1 na Grela.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu