O Polvorín borrouse na segunda parte tras unha boa primeira metade

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Norte

CABALLERO – EF Polvorín

“Es imposible la desconexión que tuvo el equipo en la segunda parte de este encuentro”

IMPERÁTOR 7 –  EF POLVORIN 0

O Polvorín tivo un amargo regreso á Grela para medirse co Imperátor, campo e rival ante o que os de Caballero puxeron a primeira pedra para estar disputando agora a Liga Galega infantil.
Na anterior visita os de Montirón impuxéranse por cero a dous no primeiro encontro da eliminatoria directa da fase de ascenso. Pero nesta ocasión a historia foi distinta.
Certo é que o Polvorín presentouse na Coruña con moitas ausencias, especialmente en defensa, ao non estar Steven, Javi, Marquitos, Fer ou Ignacio. Pero o equipo deu unha imaxe na primeira parte e outra moi distinta na segunda.
Nos primeiros corenta minutos o Polvorín controlou ben o partido a partir do repliegue, sen conceder ocasións e dispoñendo dalgunha chegada á contra.
Á media hora chegou o un a cero, pero os lucenses continuaron serios e Juanma dispuxo dunha boa ocasión antes de que o porteiro herculino cometese penalti sobre o propio Juanma nunha acción na que o medio centro lucense tivo que retirarse do campo cunha fractura nasal.
O guardameta local fixo un paradón no lanzamento do penalti e mantivo a vantaxe local ao descanso, un a cero. Na segunda parte o Polvorín desapareceu e encaixou seis goles que empañaron o traballo dos primeiros corenta minutos.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu