O Polvorín alzou a Copa Deputación cadete nas Gándaras

En Cadete, Cadete Autonómica, Copa Provincial

CABALLERO – EF Polvorín

“Felicito a los chicos y a la Sarriana, y doy las gracias a padres y jugadores del club por el apoyo mostrado en todo momento”

RAÚL – SD Sarriana

“Temos que seguir peleando por xogar finais, é o máis bonito. Parabéns ao Polvorín”

POLVORÍN 2 – SARRIANA 1

O Polvorín é o novo campión da Copa Deputación cadete. Os de Caballero alzáronse co título tras impoñerse á Sarriana nun partido de poder a poder nas Gándaras, onde ata se adiantaron os de Raúl cun gol marca da casa, obra de Abella, á media hora de xogo.
O encontro empezou con moitísimo respecto entre ambos equipos. O Polvorín intentou secar a Abella, e a Sarriana a Domhi.
Édgar, porteiro da Sarriana mostrouse moi seguro desde o inicio e ata asistiu a Abella no cero a un. Tras un saque longo e rápido de portería logo dun córner do Polvorín. O punta sarriao gañoulle a partida á zaga local e inaugurou o marcador.
Co cero a un chegouse ao descanso, pero na segunda parte o Polvorín buscou e conseguiu a remontada.
Javi Porral impúxose nun balón aéreo para asinar o empate. O porteiro sarriao evitou o dous a un cunha gran intervención pouco despois, pero tamén Dilan mostrouse seguro nas ocasións que xerou a Sarriana.
Na recta final, todo parecía indicar que o campión sairía da quenda de penaltis, pero no último momento, Álex Fernández rematou un saque de esquina no segundo pau co que asinou a remontada e o título de campións para o Polvorín.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu