O Polvorín agárrase con forza á Liga Galega infantil

En Gallega Infantil, Infantil, Principal

CABALLERO – EF Polvorín

“Conseguimos tres puntos importantísimos que nos cargan la moral a tope”

OZA JUVENIL 0 – EF POLVORÍN 2

O Polvorín sóbese ao vagón da permanencia na Liga Galega infantil tras sumar os tres primeiros puntos nesta segunda fase.
A importancia deste encontro era máxima para encarar o futuro próximo, e os de Montirón non fallaron.
O Polvorín executou o plan trazado á perfección, crecendo desde a defensa e madurando o encontro ata que puido decantalo ao seu favor no tramo final.
Ata entón, nos primeiros minutos, o Polvorín centrou os seus esforzos en non cometer erros en defensa. Deixaba saír ao Oza co balón xogado, pero en tres cuartos de campo exercía unha boa e efectiva presión.
Unha vez asentados en defensa empezaron a crecer en ataque a partir do ecuador da primeira metade, á vez que Samuel e Alberto gañaban protagonismo co balón no medio campo.
Ao final da primeira parte o Polvorín chegou co encontro controlado e con ocasións para o cero a un, sendo as máis claras unha internada de Aarón, o mellor xogador do encontro, tras un pase de Javi, e unha condución de Conde tras roubo de balón coa que se plantou ante o porteiro herculiuno, pero este despexou co pé.
Ao descanso mantíñase o cero a cero inicial, pero as sensacións eran mellores por parte dun Polvorín que seguiu crecendo.
Na segunda parte houbo un intercambio de golpes, cunha clara ocasión do Polvorín e outra do Oza que atallou o porteiro Diego.
Acto seguido Fer rematou unha falta lateral colgada por Juanma e o Oza púxose con defensa de tres ante un Polvorín moi ben armado en defensa, con perigo nas contras ata que chegou a sentenza definitiva co cero a dous, que asinou Juanma ao rematar un saque de esquina lanzado por Vila.
Ao final, vitoria clara e merecida dun Polvorín que xa fixa a mirada no Rácing de Ferrol.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu