O poderío físico do Victoria foi determinante

En Infantil, Liga Galega Infantil

O Lugo viuse superado nos duelos directos ante un rival moito máis corpulento que os lucenses

O Lugo cedeu os tres primeiros puntos na Coruña ante un Victoria moi potente fisicamente ademais de contar con bos xogadores, especialmente Amine, un portento físico que marcará as diferenzas ao longo da tempada na Liga Galega infantil.
De inicio os herculinos meteron ao Lugo no seu campo a base de empuxe. Os de Dani Galán, por momentos non renunciaron ao corpo a corpo pero aos once minutos chegou o un a cero e no ecuador da primeira parte o Vitoria puxo terra polo medio co dous a cero.
Na recta final da primeira parte o Lugo colleu aire. Primeiro foi Marco o que amagou con recortar distancias cunha boa chegada desde segunda liña para rematar un centro de Migui, pero sería de novo Ayman o home gol do Lugo. O nove albivermello volveu acudir á súa cita co gol para asinar o dous a un co que se chegou ao descanso tras un disparo desde fóra da área.
As boas sensacións continuaron ao comezo da segunda parte na que Nico en liña de gol acariñou o empate a dous.
Pouco despois un penalti deulle ao Vitoria de novo osíxeno co tres a un, pero o Lugo seguía entonado e Dani volveu meter ao equipo na loita polos puntos co mellor gol do encontro, tras conectar desde 30 metros un potente disparo que se coou polo ángulo da portería.
O Lugo buscou e mereceu o empate no tramo final, no que o Victoria non podía sacudirse a presión visitante, pero a moeda caeu cruz para o Lugo coa sentenza local no último minuto de xogo ao selar o definitivo 4-2.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu