O Palas eliminou ao Fisterra na quenda de penaltis

En Fase de Ascenso, Principal, Xuvenil, Xuvenil Autonómica

LUIS MATO – Palas

“Vamos a saborear este triunfo e a pensar en no próximo. Partidazo dos rapaces”

FISTERRA 1 – PALAS 1

O Palas eliminou ao Fisterra da fase de ascenso, e con iso os de Luís Mato están a dous eliminatorias dun soño que se lle resistiu en cadetes a esta xeración tras caer nas semifinais co A Estrada, nunha tempada na que se alzaron co título de Copa nunha final disputada ante o Foz.
Esta é a primeira fase de ascenso que xoga o Palas na categoría xuvenil, pero estos xogadores veñen coqueteando cun ascenso desde infantís. Esta tempada está marcada en vermello por un Palas que superou a primeira rolda e que se cita co As Pontes na segunda, que tamén se disputará a partido único e en campo neutral.
Os da Ulloa apearon da competición a un Fisterra correoso, que empatou no desconto e forzou a quenda de penaltis na que Nico parou un lanzamento e outros dous saíron fóra, mentres que Viña. Xesús e Sergio anotaron os do Palas.
Ata entón, os de Luís Mato dominaron o encontro con claridade ata o gol de Anxo no ecuador da segunda parte. Antes, dispuxeran das ocasións máis claras, pero só o capitán atopou o camiño do gol.
A partir do cero a un ao Palas tocoulle apertar os dentes, e fixérono sufrindo xuntos ante un rival físico que colgou moitos balóns, pero só puido empatar no desconto para morrer na quenda de penaltis que clasificou aos de Mato.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu