O Palas caeu coa cabeza moi alta ante o As Pontes

En Fase de Ascenso, Xuvenil, Xuvenil Autonómica

LUIS MATO – Palas

“O partido equilibrouse e víase que o que acertara co gol levaríase a eliminatoria”

AS PONTES 3 – PALAS 0

O Palas quedou eliminado da fase de ascenso á liga Galega xuvenil tras perder co As Pontes por tres a cero nun partido moito máis igualado do que indica o marcador final.
O Palas foi de menos a máis na primeira parte, cunha posta en escena moi física do As Pontes que os de Luís Mato conseguiron igualar ata terminar a primeira parte con mellores sensacións e coa ocasión máis clara dos primeiros corenta e cinco minutos, tras unha falta sacada por Ángel na que Unai tivo un remate franco que non entrou desde dentro da área pequena.
Tras o descanso a sensación era de que o que marcase levaría o encontro, e este foi o As Pontes, cp ex do Lugo de División de Honra, Peque, na punta do ataque. Á hora de partido chegou o un a cero. A partir de aí o Palas buscou o empate, pero o As Pontes selou a eliminatoria con dous goles nos últimos minutos.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu