O orgullo fixo recuperar o pulso ao Viveiro, que volve á senda da vitoia

En Liga Galega, Principal, Xuvenil, Xuvenil superiores

ANTONIO SERRANO – Viveiro CF

“Los jugadores dieron una muestra de orgullo muy importante para sacar el encuentro adelante”

VIVEIRO CF 3 – ESTRADA 1

O Viveiro reencontrouse cos tres puntos na Liga Galega xuvenil tras impoñerse ao Estrada nun encontro marcado de inicio polas ausencias, pero ao longo dos noventa minutos polo orgullo e o ADN do conxunto que dirixe Antonio Serrano.
Con David Ben e Rolle co primeiro equipo e con Macly lesionado, Uriol volveu poñerse ao servizo do equipo na punta de ataque, mentres que Madhi do xuvenil B e os cadetes Xoel e Juan acudiron á chamada de necesidade do primeiro equipo xuvenil.
A primeira parte foi unha toma de contacto na que se impuxo a seriedade, chegándose ao descanso co cero a cero inicial e sen apenas ocasións claras de gol.
Nos vestiarios o Viveiro mentalizouse para ir a polo partido e fíxoo desde os primeiros minutos da segunda parte. Aos dous de xogo Kaká serviu un bo centro que enviou ao fondo das mallas Uriol, e aos sete minutos da segunda metade o Viveiro xa gañaba por dous a cero tras culminar Xavi cun disparo seco unha boa contra.
O Estrada volveuse meter no partido logo dun saque de esquina co que asinou o dous a un, pero o Viveiro non tardou en volver marcar, nesta ocasión por medio de Kaká á hora de xogo, e ata se gustou na última media hora na que puido ampliar o marcador final tras dispoñer de varias ocasións claras de gol.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu